CRTVG

Buscar

Diferenzas de ata 15 graos entre as temperaturas do día e a noite en Galicia

Publicado o 29/12/2019 12:40

Boa parte de Galicia volveu amencer conxelada. As provincias de Lugo e Ourense foron as que rexistraron as temperaturas máis frías. O concello de Cospeito, con case menos cinco graos, acadou o valor máis baixo desta noite. En Ourense, foi Verín o concello máis frío con -4,1 graos.

Son nas horas sen luz, cando os termómetros caen e lémbrannos que estamos no inverno. Porque a oscilación térmica deste días fai que entre o día e a noite haxa un contraste de máis de 15 graos nalgúns puntos coma Pontevedra.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/12/2019