CRTVG

Buscar

Críticas de Yolanda Díaz ao executivo central e defensa de Pedro Sánchez desde o PSdeG

Publicado o 29/06/2019 14:34

Reaccións á prórroga de 8 días acordada para decidir o futuro de Alcoa, Yolanda Díaz, de En Común Unidas Podemos, di que "todo o Goberno en funcións debería estar traballando para arranxar este grave problema", e advirte que "tras Alcoa, virán outras, porque existe o risco real de nos converter nun deserto industrial".

Pola súa banda, o secretario xeral dos socialistas galegos, gonzalo Caballero, defendeu "o compromiso do Goberno socialista de España con Alcoa desde o primeiro día", e fixo un chamamento "á responsabilidade da multinacional para dar unha solución que manteña o emprego e saque adiante o acordo con Parter"


 

Noticias web

29/06/2019