Díaz e Iglesias tratan a crise do campo nunha reunión cos sindicatos pero sen a patronal agraria
Publicado o 14/02/2020 14:52
O ministerio que dirixe Yolanda Díaz estuda medidas e cambios lexislativos para mellorar as condicións laborais no campo, como reforzar a Inspección de Traballo ou rebaixar as peonadas para acceder ao antigo PER. Pasarían puntualmente de 35 a 20.
A convocatoria do Ministerio de Traballo incluía inicialmente sindicatos e organizacións agrarias de Estremadura e Andalucía. Pero estas foron desconvocadas onte á noite sen explicación. Quen si asistiu ao encontro, malia non estar previsto inicialmente, foi o vicepresidente do Goberno. A patronal pide explicacións pola súa exclusión.
O Goberno di que convocará noutra reunión os empresarios agrarios.
Máis sobre actualidade
03/03/2021 21:33
03/03/2021 21:27