CRTVG

Buscar

Día Internacional da Bicicleta con reivindicacións

Publicado o 03/06/2020 21:22

Este mércores, 3 de xuño, celébrase o Día Internacional da Bicicleta. Unha xornada en que asociacións ciclistas e ecoloxistas reclaman máis apoio para este medio de transporte. Hai marchas reivindicativas en distintas vilas e cidades. 

En Vigo, son tres itinerarios simultáneos, xa que a actual situación non permite que se xunten máis de 15 persoas. Ademais de percorrer varias rúas da cidade, tamén fan paradas en puntos estratéxicos durante quince minutos para reclamar máis espazo.

Os organizadores aseguran que coa desescalada faise evidente que as cidades precisan adaptar as limitacións de velocidade para permitir a convivencia de todos os usuarios con rúas prioritarias para peóns e ciclistas.

O uso da bici, ademais de ser máis ecolóxico, tamén nos axuda a manternos en forma e previr enfermidades.

Noticias web

03/06/2020