CRTVG

Buscar

Día especial de compras con descontos no Carballiño

Publicado o 19/06/2020 20:53

O pequeno comercio resiste a vaga de peches que se prevían ao comezo do estado de alarma e por agora as expectativas son mellores neste comezo da nova normalidade. Para fomentar as compras nas cidades e vilas galegas, os comerciantes lanzan campañas coma o Shopping Day, que se desenvolve hoxe no Carballiño.

Moito ambiente nas tendas do Carballiño que participan no día especial de compras con descontos en artigos de temporada.

Una iniciativa do Centro Comercial Aberto para dinamizar o pequeno comercio e premiar a clientela que merca na vila.

O pequeno comercio resiste tras o peche no estado de alarma e recupera o pulo adaptándose nesta nova normalidade, grazas á confianza e fidelidade da clientela, porque, din, sempre paga a pena mercar no comercio local.

E despois das compras 7 restaurantes do Carballiño convidan a unha tapa. As asociacións de comerciantes da provincia de Ourense retoman a actividade con mellores expectativas das previstas.

Noticias web

19/06/2020