CRTVG

Buscar

Día 1 do Ourense pechado: cancelacións, hostaleiros en crise e sen visitas ao hospital

Publicado o 08/10/2020 14:29

O teléfono soa nun hotel de Ourense para unha nova cancelación. Mentres, na rúa as conversas mantéñense dunha mesa a outra nas terraza dos bares. Servir dentro está prohibido e fóra só persoas conviventes. Os hostaleiros da cidade protestaban deste xeito contra as medidas. Din que moitos bares terán que pechar.

Fernando rexenta unha autoescola. Non teñen restricións para desprazarse porque o fan por motivo laborais, pero si de capacidade máxima no local. Reducións que se aplican tamén a celebracións e a actividades de carácter cultural ou deportivo.

O Complexo Hospìtalario prohibiu as visitas aos ingresados agás ao coidador no caso de que se precise. Os casos na cidade de Ourense ascenden xa a 536.

Noticias web

08/10/2020