CRTVG

Buscar

Dez mortos e máis de 500 infectados co coronavirus en España

Publicado o 07/03/2020 21:19

No conxunto de España contabilizáronse ata agora dez mortos entre os afectados polo Covid-19.O número de infectados supera as cincocentas persoas. As autoridades sanitarias subliñan que tamén van en aumento os pacientes que xa se recuperaron da enfermidade.

Xa son dez os mortos co coronavirus en España. Todas persoas maiores. O número de infectados tamén segue aumentado, pero faino igualmente o de pacientes que superan a infección, arredor dunha trintena.

As autoridades sanitarias destacan ademais que van aclarando os focos que non sabían como se produciran. Continúan a fase de contención e as chamadas á tranquilidade.

Os responsables da saúde insisten na importancia de lavar as mans e en caso de ter síntomas evitar os grupos máis fráxiles, como os maiores.

As medidas preventivas chegaron mesmo ás igrexas, que retiraron a auga das pías bautismais e pídenlles aos fieis que non biquen nin toquen as imaxes. Vémolo na catedral de Zaragoza.

Noticias web

07/03/2020