CRTVG

Buscar

Dez mil aspirantes para ocupar 169 prazas en Correos

Publicado o 15/01/2020 21:16

Case dez mil persoas, de todo o Estado, opositarán este domingo para conseguir unha das 169 prazas que oferta Correos en Galicia. É, segundo o servizo, a maior aposta pola estabilización do emprego da última década. A maior parte das prazas son para cubrir as vacantes de carteiros, tanto urbanos como rurais. As probas de ingreso comezan ás 9 da mañá do domingo en Silleda.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/01/2020