CRTVG

Buscar

Dez detidos e 60 feridos nos enfrontamentos arredor do Camp Nou

Publicado o 19/12/2019 15:03

Con este berro, "Fóra fascistas dos nosos barrios", un grupo de independentistas increpaban os ultras dos Boixos Nois. Máis de 5.000 manifestantes convocados por Tsumani Democràtic concentráranse as portas do Camp. Os ultras responderon ás increpacións con forcexos e labazadas. A policía entrou a cargar para a disolver as pelexas e acabou desatándose o enfrontamento entre os manifestantes, algúns deles encapuchados, e os Mossos de Esquadra.

Víronse ataques coma este. Ducias de colectores ardendo, houbo lanzamento da lastras, cargas con balas de goma e gases lacrimóxenos.

A policía remata por terse que refuxiar no propio recinto do estadio, mentres os bombeiros se encargaban de sufocar os incendios de varias barricadas ardendo nas inmediacións. Houbo 46 persoas que precisaron asistencia sanitarias, 6 delas ingresadas do hospital. Tamén hai dous mossos graves, aínda que resultaron con rabuñadelas e contusións un total de 53 axentes. A noite saldouse con dez detencións.
 

Noticias web

19/12/2019