CRTVG

Buscar

Dezaoito provincias españolas están en alerta por frío, vento e forte ondada

Publicado o 03/02/2019 20:27

A borrasca"Helena" comezou a remitir este domingo, pero aínda deixa en risco a 18 provincias por temperaturas baixas, neve e ventos fortes.

Son dez as comunidades que continúan en alerta, por temperaturas mínimas, por moito mar ou por refachos de ventos, que acadarán os 100 quilómetros por hora nalgunhas provincias. Así amencía este domingo en Pamplona onde nevou ao longo da mañá. Varios portos de montaña permanecen pechados en Cantabria, Asturias e no País Vasco.

Nas zonas dos Pireneos están en alerta amarela por aludes, malia que a cota de neve descenderá ata os 600 metros. Cantabria, A Rioxa e varias provincias de Castela e León están con aviso amarelo por temperaturas mínimas, que oscilarán entre os 6 e os 7 graos baixo cero.

Na Comunidade Valenciana e nas Baleares o que preocupa son o moito mar e os refachos fortes de vento. Tanto no Cantábrico coma na Comunidade Valenciana e Baleares mantéñense os avisos por fortes ventos e vaga de mar.



 

Noticias web

03/02/2019