CRTVG

Buscar

Dévora Kestel: "En contexto de emerxencia, 1 de cada 5 persoas padece un problema de saúde mental"

Publicado o 27/04/2020 10:17

Dévora Kestel, directora de Saúde Mental da OMS: "Estamos acostumados a que os problemas lles sucedan a outra xente e acontezan noutro lado. Esta vez á algo global. Onde queira que un mire, vai ver xente que está afectada pola COVID-19".

"Está claro que hai grupos máis vulnerables ca outros. Hai países onde as necesidades son importantes e hai grupos sociais que acusan máis esta pandemia. É unha realidade que afecta a todos, pero non afecta a todos do mesmo modo. E isto é válido tanto para a saúde física como para a saúde mental".

"Nós comezamos a traballar esta semana utilizando a experiencia que temos despois de tratar contextos de emerxencia humanitaria. Temos información previa do que sucede e sabemos que nestes casos como guerras ou catástrofes naturais aumentarán as persoas con problemas denominados de saúde mental. Aproximadamente, 1 de cada 5 persoas desenvolverá un problema deste tipo".

Noticias web

27/04/2020