CRTVG

Buscar

Devolven ao monte un xabaril que rescataran nas marismas do Grove

Publicado o 13/12/2019 18:57

Unha femia de xabaril quedou atrapada hoxe nas marismas do Grove. Non se sabe por que pero animal acabou entre a lama da enseada, con moitas dificultades para moverse. Crese que a atropelaron, porque estaba ferida. 

Ao final, lograron rescatala grazas á axuda dun cazador, que puido sacar o animal cun lazo. A policía local e os servizos de urxencia desprazados ao lugar acordaron deixala ceiba polos montes do Grove, unha vez que se comprobou o seu estado.