Detidos tras subir ás redes un vídeo saltando o confinamento e bebendo ao volante
Publicado o 07/04/2020 11:06
Beber ao volante, sen cinto de seguridade nin seguro, saltar o confinamento e mofarse da Garda Civil e de Protección Civil. Ese foi o fito de dous homes que, ademais, gravaron todo dun teléfono móbil e publicárono, fachendosos, nas redes sociais.
O resultado: a súa detención e conseguinte denuncia.
Os feitos sucederon o 25 de marzo na localidade malagueña de Mollina. Os ocupantes do vehículo son dous veciños desa vila que agora se enfrontan a varios delitos: ademais de saltar as restricións do estado de alarma, contra a Administración pública, desobediencia, infracción da Lei de seguridade viaria por condución temeraria, circular sen facer uso do cinto e sen o seguro obrigatorio.
Os autores acabaron pedindo perdón, tamén ante a cámara.
Máis sobre actualidade
22/01/2021 21:52