CRTVG

Buscar

Detidos por roubarlle 60.000 euros a unha anciá á que obrigaban a quitar cartos do banco

Publicado o 16/07/2020 16:18

A Garda Civil detén tres persoas por supostamente extorsionar durante máis dun ano unha anciá. Chegaron a quitarlle preto de 60.000 euros.

Os feitos coñecéronse en maio cando o fillo da vítima acudiu ao cuartel do Carballiño para denunciar que uns descoñecidos obrigaran a súa nai a quitar cartos do banco.

A anciá recibira na casa a visita destas persoas que vendían aparellos para purificar a auga e levárona a varias sucursais bancarias para que ela retirase cartos para presuntamente pagar o aparello.

Noticias web

16/07/2020

Máis sobre O Carballiño