CRTVG

Buscar

Tres detidos en relación co accidente en que faleceu un garda civil en acto de servizo

Publicado o 31/05/2019 12:40

Tres persoas foron detidas en relación co accidente en que faleceu un garda civil en acto de servizo. As dúas primeiras detencións tiveron lugar onte sobre as sete da tarde na pedanía das Pachecas, en Jerez de la Frontera (Cádiz). Os individuos son dous homes de nacionalidade francesa e orixe marroquí que transportaban nun vehículo 200 quilos de haxix.

A Garda Civil detivo esta mañá unha terceira persoa relacionada cos feitos e investiga unha cuarta pola morte de Fermín Cabeza González.

Noticias web

31/05/2019