CRTVG

Buscar

Detidos catro falsos médicos en Vigo por roubar varios anciáns

Publicado o 23/09/2020 19:00
Detidos catro falsos médicos en Vigo por roubar varios anciáns

A Policía Nacional de Vigo detivo 4 falsos médicos por drogar e roubar supostamente varios anciáns finxindo facer probas da Covid.

Estes homes vestían chalecos laranxa e chamaban aos pisos facéndose pasar por sanitarios. Ofrecíanse a realizarlles aos anciáns as probas do coronavirus e, unha vez que lles deixaban entrar na casa, sedábanos e roubábanlles todos os seus obxectos de valor.

Algunhas vítimas mesmo tiveron que ser hospitalizadas. Os catro detidos están acusados dos delitos de roubo con violencia e intimidación.

Noticias web

23/09/2020