CRTVG

Buscar

Detido un veciño de Ponte Caldelas por ameazar os clientes dun bar cunha arma simulada

Publicado o 14/10/2019 18:40

Unha testemuña do suceso manifestou que o home parou co seu vehículo á altura da terraza do local e, a través da ventá, apuntoulles a dúas persoas cun revólver. Posteriormente marchou e regresou pouco despois repetindo a mesma acción. A Garda Civil arrestouno e comisoulle 5 armas de simulación, que podían inducir a confusión sobre a súa autenticidade.
 

Noticias web

14/10/2019