CRTVG

Buscar

Detido un mozo de 24 anos acusado de asasinar a súa parella en Valencia

Publicado o 24/09/2020 08:53
Detido un mozo de 24 anos acusado de asasinar a súa parella en Valencia

Un mozo de 24 anos foi arrestado esta mañá pola Policía Nacional despois de, supostamente, asasinar a súa parella sentimental, unha moza de 26 anos, na cidade de Valencia.

Segundo indicaron fontes policiais, este homicidio produciuse ao redor das 04:00 horas. As mesmas fontes especificaron que a moza asasinada é de nacionalidade chinesa e que o detido é de orixe española.