CRTVG

Buscar

Detido un menor en Foz acusado de matar a súa nai

Publicado o 04/11/2019 14:10

• O mozo, de 17 anos, acudiu ao centro de saúde para que lle curasen as feridas dunha man

• O cadáver da vítima atopárono esta mañá no seu domicilio con sinais de violencia

• O instituto de Foz, de onde era alumna a vítima, convoca unha concentración de repulsa polo crime para o martes ás 11:30

 

 

Un mozo menor de idade foi detido este luns por axentes da Garda Civil como presunto autor da morte da súa nai no municipio de Foz, Lugo.

Segundo informaron fontes da investigación, a detención do menor tivo lugar sobre as 12:30 horas deste luns como presunto responsable da morte da súa nai, que se produciu, supostamente, de madrugada nesta localidade da Mariña luguesa, onde foi localizado o cadáver da muller, nada en 1983.

A Garda Civil aclarou que se trata dun delito de violencia doméstica, debido a que o menor e a súa nai compartían domicilio. A muller apareceu morta con sinais de violencia.

Ao parecer, foi un particular o que alertou que un menor estaba nun parque de Foz e que tiña unha ferida na man. O mozo, ao preguntarlle que lle pasaba, indicou que "fixera algo". Posteriormente, foi ata o centro de saúde para que lle curasen as feridas.

O instituto de Foz convoca unha concentración silenciosa en repulsa polo crime da muller, que era alumna do ciclo superior de Dirección de Cociña. A concentración vaise celebrar ás 11:30 e durará cinco minutos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí