Detido un home en Monforte, denunciado por tratar de agarrar unha menor no centro da vila
Publicado o 12/01/2019 11:15
Un home foi detido en Monforte, despois de que a nai dunha menor o denunciara por tratar de agarrar a súa cativa no centro da vila. A nena comezou a berrar, ante o que o home escapou. Ao día seguinte a nai presentou a denuncia que levou á detención. O arrestado, que padece unha enfermidade mental, foi trasladado á unidade de psiquiatría do Complexo Hospitalario de Lugo despois de prestar declaración polos feitos. A cativa non sufriu danos.
Máis sobre actualidade
22/01/2021 21:52