CRTVG

Buscar

Detido por suplantar o director da Fundación Amancio Ortega

Publicado o 09/01/2020 21:25
Detido por suplantar o director da Fundación Amancio Ortega

Deteñen en Madrid un mozo galego de 27 anos que se facía pasar polo director da Fundación Amancio Ortega para conseguir cartos. O detido chegou a contactar con máis de 15 multinacionais para conseguir un posto de traballo e acordos de patrocinio. Utilizaba contas de correo electrónico semellantes ás da fundación e co mesmo logotipo.

Está acusado de estafa, usurpación de estado civil e falsidade documental.

Noticias web

09/01/2020