CRTVG

Buscar

Deteñen por presuntos malos tratos á parella da exedil desaparecida

Publicado o 24/11/2019 18:10

Detida a parella da ex-concelleira socialista de Sarria que desaparecera hai dez días. A muller fora atopada nun hotel de Lugo ao día seguinte de que a súa irmá denunciara a súa ausencia. A muller tivo que ser ingresada nun centro hospitalario de Lugo e foi tras recibir a alta, cando presentou no cuartel de Sarria unha denuncia contra o seu home por un presunto delito de malos tratos. El foi detido horas despois e está á espera de prestar declaración ante o xuíz.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/11/2019