CRTVG

Buscar

Detido por circular en patinete eléctrico, drogado e por cuspirlle a un axente

Publicado o 20/04/2020 10:53
Detido por circular en patinete eléctrico, drogado e por cuspirlle a un axente

A Garda Civil detivo en Vilanova de Arousa un mozo de 25 anos tras sorprendelo circulando en patinete eléctrico. Facíao en sentido contrario pola estrada PO-531.

Os axentes fixéronlle unha proba de drogas e deu positivo. Cando lle estaban notificando que ía ser denunciado por vulnerar o confinamento, infrinxir o regulamento de tráfico e ir drogado, o mozo cuspiu na cara dun dos axentes e logrou fuxir.

Dúas horas máis tarde foi localizado no seu domicilio e detivérono. Ademais das infracións iniciais, engádenselle dous novos delitos: desobediencia grave á autoridade e contra a orde pública.