CRTVG

Buscar

Detido por agredir á súa parella embarazada en Pontevedra

Publicado o 26/09/2020 19:08

A Policía local de Pontevedra detivo un home por agredir á súa parella embarazada. Foron os veciños os que alertaron ao escoitar os berros da vítima. Cando chegaron os axentes, a muller contoulles que non era a primeira vez que a agredía e que desta vez a golpeara repetidamente no chan.

Tiña feridas na cara e nunha man e estaba en avanzado estado de xestación, polo que foi trasladada ao hospital Provincial. O presunto agresor quedou detido.




 

Noticias web

26/09/2020