CRTVG

Buscar

Detido o autor do tiroteo nunha sinagoga dos EUA en que, de momento, xa hai dez mortos

Publicado o 27/10/2018 21:47

A cifra de mortos ascende polo de agora a dez persoas. As autoridades estadounidenses informaron da detención do agresor que matou varias persoas ao abrir fogo nunha sinagoga de Pittsburgh, no estado de Pensilvania.

Un voceiro da operación policial dixo ao principio que só se podían confirmar varias baixas, sen concretar cantas, e testemuñas presenciais falaban de polo menos oito falecidos despois de que alguén abrira fogo na sinagoga da Congregación da Árbore da Vida durante a xornada de lecer xudía do sabat.

 

 

Noticias web

27/10/2018