CRTVG

Buscar

Detido nun hostal de Lugo ao ser sorprendido roubando no cuarto doutro hóspede

Publicado o 02/09/2020 14:36

A Policía Nacional prendeu en Lugo un home que foi collido na allada cando presuntamente estaba a roubar no cuarto doutro hóspede no hostal en que se aloxaba.

Os feitos sucederon na céntrica praza dos Mártires de Carral. Cando a vítima do roubo chegou ao seu cuarto, topouse co suposto autor agachado no baño. Para acceder ilicitamente, crese que subtraera un xogo de chaves do establecemento.

Posteriormente deuse á fuga, pero os axentes non tardaron en detelo, sen saír do propio hostal, grazas á descrición dada pola dona do negocio. O detido xa tiña antecedentes penais.

Noticias web

02/09/2020