CRTVG

Buscar

Detido en Vigo un ladrón que ocupaba unha casa abandonada, con 29 arrestos previos

Publicado o 04/06/2020 14:29

A Policía Nacional detivo en Vigo un home que ocupaba unha casa abandonada e que resultou ser un ladrón ao que buscaban dende hai meses.

Sucedeu na Estrada do Vilar. O detido, e un amigo seu, accederan pola ventá á vivenda coa intención de instalarse, empadroarse e poder cobrar as axudas de emerxencia pola Covid-19. 

O implicado, con 29 arrestos previos, é un vello coñecido da policía por roubos en comercios de Vigo e doutros concello próximos. Os axentes buscábano por un asalto no inicio do estado de alarma e sospeitaban que estaría refuxiado nalgunha vivenda.

Noticias web

04/06/2020