CRTVG

Buscar

Detido en Vigo por poñer colectores no medio da calzada

Publicado o 26/02/2019 16:20

Despois do raiacoches que se dedicaba a danar vehículos en Vigo, agora outro home cunha curiosa conduta está a provocar a alarma en Coia. Os veciños están preocupados porque este individuo se dedica a poñer colectores do lixo na calzada para impedir o paso dos vehículos. Ten 60 anos e foi detido pola policía, despois de que un condutor alertara dos feitos.

O home colocara 16 contedores a modo de barricada de madrugada, concretamente na rúa Balboa. Xa é a segunda vez que os pon, e os veciños temen que volva facelo, porque, ademais, colócaos nunha zona de escasa visibilidade. O home, que recoñeceu os feitos ante a Policía Local, enfróntase a un delito contra a seguridade viaria. 
 

Noticias web

26/02/2019