CRTVG

Buscar

Detido en Vigo por pegarlle á parella na rúa

Publicado o 10/08/2020 20:53

En Vigo, a policía detivo un home de 44 anos acusado de pegarlle á muller na rúa. Os feitos ocorreron na avenida de Ramón Nieto. A parella volvía dunha comida cando o home comezou a mallar nela. Varias testemuñas auxiliárona e mesmo chegaron a interpoñerse entre os dous para que non seguise pegándolle. Foi unha destas testemuñas a que alertou a policía. Pero o máis impactante é que cando chegaron os axentes o agresor se sentía cheo de razón. Díxolles que era a súa muller e que non podía crer que o fosen arrestar por darlle unhas patadas.

Noticias web

10/08/2020