CRTVG

Buscar

Detido en Tui un condutor que cuadriplicaba a taxa de alcol

Publicado o 18/06/2020 16:53
Detido en Tui un condutor que cuadriplicaba a taxa de alcol

Detido na estrada Nacional 550, en Tui, un condutor que cuadruplicaba a taxa de alcol e dobrada a velocidade permitida. O home circulaba a 104 quilómetros por hora nun tramo limitado a 50. A Garda Civil deulle o alto e, cando o identificaron, decatáronse de que tiña claros síntomas de embriaguez.

O condutor enfróntase a unha pena de entre 3 e 6 meses de prisión. Ademais, impuxéronlle unha multa de 600 euros e a retirada de 6 puntos do carné de conducir.

Noticias web

18/06/2020