CRTVG

Buscar

Detido en Tenerife por cuspir e ameazar con contaxiar o coronavirus

Publicado o 01/04/2020 13:58

A Garda Civil de Tenerife detivo dúas veces un home que saltou o confinamento, cuspiulles a axentes e veciños e agrediu unha muller.

As dúas detencións producíronse en menos de 48 horas e nos dous casos o home dicía a berros que tiña coronavirus e ameazaba con infectar a xente. A primeira vez interviñeron axentes especialistas en defensa nuclear e biolóxica pare reducilo e levalo ao hospital, onde o test do coronavirus deu negativo. Despois de que lle deran a alta, regresou á súa casa, no concello de Buenavista del Norte, e volveu alterar a orde pública con comportamento agresivo, polo que foi detido de novo.

Noticias web

01/04/2020