CRTVG

Buscar

Detido en Mondoñedo por levar no coche un sistema para agochar a matrícula

Publicado o 24/08/2020 19:50

Instalou no coche un mecanismo para que non puidesen identificalo e a ocorrencia vaille saír cara. Miren o sistema que ten este vehículo para ocultar a matrícula e librarse de que poidan multalo, por exemplo, cando salta un radar.

A Garda Civil levaba meses detrás do enxeñoso condutor e acaba de detelo en Mondoñedo. Agora enfróntase á retirada de 6 puntos e a unha infracción de 6.000 euros. Os axentes cren que a intención do acusado podería ser evitar sancións de tráfico ou incluso que o asocien con delitos doutro tipo.

 

Noticias web

24/08/2020