CRTVG

Buscar

Detido en Málaga un mozo de 21 anos por matar ao coidador dun discapacitado

Publicado o 27/07/2019 10:47

Detido en Málaga un mozo de 21 anos acusado de entrar nunha vivenda e matar o coidador dun discapacitado. O home entrou na vivenda encapuchado e foi a propia vítima a que pediu auxilio desde a ventá do piso. A detención do presunto autor do crime foi posible grazas á información facilitada polos veciños. De feito, foron os propios veciños os que impediron que saíra do edificio ata que chegaran os axentes.

Noticias web

27/07/2019