CRTVG

Buscar

Detido en Madrid un presunto membro do Daesh

Publicado o 02/10/2020 15:42
Detido en Madrid un presunto membro do Daesh

A Garda Civil detivo en Madrid un presunto membro do Daesh o mércores 30. O detido, que presentaba un cadro de radicalidade importante detectado a través de redes sociais e aplicacións de mensaxería, chegara a ser considerado recentemente un risco polos investigadores.

A operación levouse a cabo de maneira conxunta con EUROPOL sendo determinante a cooperación internacional para poder previr a comisión dun posible ataque.

O detido consumía a través de internet propaganda xihadista de maneira constante e tiña á súa disposición manuais operativos deseñados por Daesh orientados á confección de artefactos e emprego de armas, chegando a mostrar neste último período de tempo unha gran identificación coa Organización Terrorista, así como moito interese por armas e técnicas de loita.

Así mesmo, durante a investigación transcendeu a súa relación coa falsificaciónde documentos de identidade de varios países, actividade que podería resultar clave para facilitar a gran mobilidade internacional do detido nos últimos anos.

A través das diferentes hipóteses policiais expostas inicialmente sóubose que a evolución da súa actividade na internet respondeu plenamente á estratexia que Daesh desenvolve de maneira destacada a través do seu aparello propagandístico, conseguindo radicalizar e recrutar un gran número de voluntarios quen, tras adquirir un gran sentimento de pertenza a Daesh, chegan a levar a cabo ataques nos seus países de residencia.