CRTVG

Buscar

Detido en Lugo un home acusado de violar a neta da súa exparella

Publicado o 08/09/2020 13:32

Detido en Lugo un home de 53 anos acusado de violar unha menor de idade.
É a neta da súa exparella. Os abusos sucederían este pasado domingo no domicilio do sospeitoso.
Foron os servizos sanitarios que atenderon a menor os que alertaron a policía ao detectaren indicios de que a rapaza fora agredida sexualmente.
Axentes da Policía Científica recolleron mostras no domicilio e procederon á detención do presunto agresor, que nas nas próximas horas pasará a disposición xudicial.

Noticias web

08/09/2020