CRTVG

Buscar

Detido en Barcelona tras matar a súa parella de 21 anos diante do fillo

Publicado o 14/07/2020 21:13

Novo caso de violencia machista. Unha muller foi degolada pola súa parella na súa vivenda en Barcelona. A vítima tiña 21 anos e foi asasinada en presenza do seu fillo.

Ocorreu nun edificio do céntrico barrio barcelonés da Rambla do Raval. Os veciños alertaron os Mossos d’Esquadra porque oíron fortes berros na vivenda. Cando chegaron os servizos de emerxencia atoparon a vítima desangrándose cun corte no pescozo producido por arma branca.

Os sanitarios non puideron facer nada por recuperala e faleceu aos poucos minutos. Canda ela estaba o seu fillo, de apenas 3 anos. Intres despois os axentes da policía catalá detiveron nas inmedicacións do lugar o presunto autor do crime, o seu compañeiro sentimental, de 35 anos e, tamén como a vítima, de nacionalidade uruguaia.

Son xa 22 as mulleres asasinadas neste 2020 pola violencia machista, 1.055 desde o ano 2003, cando comezou o rexistro de vítimas da violencia de xénero.

Noticias web

14/07/2020