CRTVG

Buscar

Detido co botín o asaltante dun bar de Lugo pouco despois do roubo

Publicado o 09/01/2020 12:50

Axentes de Policía Nacional detiveron en Lugo un home que dúas horas antes, presuntamente, asaltara un bar da Rolda de Fontiñas. O individuo, un ourensán de 33 anos con numerosos antecedentes policiais, collérono na rúa de madrugada. Levaba enriba gran cantidade de moedas e billetes pequenos, boletos de lotería e outros obxectos.

O dono da cervexería confirmou o roubo con forza no seu establecemento e tamén que o diñeiro, uns mil euros, e outros obxectos estaban dentro da caixa rexistradora que levara o ladrón. A caixa apareceu moi preto, debaixo dun coche. No informe do feito, a policía valora a colaboración cidadá para a rápida detención do ladrón.

Noticias web

09/01/2020