CRTVG

Buscar

Detidas oito persoas por tráfico de drogas e tenza de armas en Ferrol

Publicado o 23/10/2019 17:19
Detidas oito persoas por tráfico de drogas e tenza de armas en Ferrol

Oito persoas foron detidas en Ferrol acusadas de tráfico de drogas e tenza de armas, tras un rexistro practicado en catro vivendas, anunciou a Policía Nacional. Nun comunicado, a policía indica que a operación, bautizada co nome de Peine, se levou a cabo "nun dos puntos negros de venda de droga" de Ferrol.

Os axentes incautáronse de "diversas substancias estupefacientes, armas de fogo, vehículos e útiles para a manipulación da droga", sinala nun comunicado. Fontes policiais detallaron a Efe que o operativo se levou a cabo no asentamento coñecido como Os Peinados, situado nas inmediacións da estrada de San Pedro de Leixa, nas proximidades do centro urbano. Este é, xunto a outros puntos de Ferrol e Narón, un dos principais centros de tráfico de drogas de Galicia.