Detidas en Sevilla catro persoas por matar un familiar tras unha discusión
Publicado o 08/02/2020 22:50
Detidos un home e os seus tres fillos por matar o seu irmán maior, de 45 anos, nunha pelexa familiar en Sevilla. Fontes policiais aseguran que sobre as nove e media da noite, comezou unha discusión entre varios membros dunha mesma familia nun salón de celebracións da localidade sevillana de Los Palacios e Villafranca.
A pelexa trasladouse despois a un descampado próximo. Foi entón, cando o irmán menor do falecido lle disparou polo menos unha vez no peito cunha escopeta de cartuchos. O xerme da discusión puido ser unha relación sentimental do irmán falecido. O presunto fraticida, de 42 anos, foi detido xunto a tres dos seus fillos, entre eles unha menor de idade.
Máis sobre actualidade
21/01/2021 16:51