CRTVG

Buscar

Detidas dúas persoas en Verín vencelladas con roubos nas obras do AVE

Publicado o 11/03/2019 19:30
Detidas dúas persoas en Verín vencelladas con roubos nas obras do AVE

A Garda Civil de Verín detivo dúas persoas relacionadas con 26 robos e furtos en talleres, almacéns e obras do AVE en distintas localidades da provincia.

Durante a realización de seguimentos nas últimas horas os axentes comprobaron como os supostos ladróns entraban nun taller de Verín do que levaron varias rodas. Interceptados pola Garda Civil fuxiron, bateron co seu coche e un deles mesmo tentou agredir un dos axentes.

Están acusados dos delitos de furto e roubo continuado, atentado, desobediencia, condución temeraria e tentativa de homicidio.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/03/2019