CRTVG

Buscar

Detidas dúas mulleres en Lugo por explotación de inmigrantes

Publicado o 15/07/2020 12:22
Detidas dúas mulleres en Lugo por explotación de inmigrantes

Deteñen en Lugo dúas mulleres, nai e filla, por explotación de inmigrantes.

A Garda Civil levaba meses tras a pista logo de ter coñecemento de que as mulleres, a través da súa empresa de axuda asistencial a domicilio, se aproveitaban da carencia de papeis e a precariedade económica dos inmigrantes para empregalos en precario por toda a provincia.

Ofrecíanlles traballo sen ningún tipo de contrato e cobraban directamente aos empregadores, que pensaban que os inmigrantes tiñan a documentación en regra.

As investigacións continúan abertas e non se descartan novas detencións.

Noticias web

15/07/2020

Máis sobre Lugo