CRTVG

Buscar

Detidas 50 persoas nunha operación antidroga no barrio barcelonés do Raval

Publicado o 21/06/2019 12:06
Detidas 50 persoas nunha operación antidroga no barrio barcelonés do Raval

Detidas polo menos 50 persoas nunha gran operación policial contra a venda de droga no barrio do Raval, en Barcelona. Máis de mil axentes dos Mossos, da Policía Nacional e da municipal participaron nunha trintena de rexistros en domicilios e locais. Incautáronse de máis de 3 quilos de heroína, 2 de cocaína e máis de 2.000 pastillas. Algún dos pisos era utilizado como punto de venda para consumir heroína.

Noticias web

21/06/2019