CRTVG

Buscar

Detidas 39 persoas, dúas delas en Galicia, e intervidos 111 quilos de cocaína nunha redada antidroga

Publicado o 23/12/2019 13:43

As forzas de seguridade desmantelaron unha banda de narcotraficantes responsable do envío ás Canarias de grandes cantidades de droga. Hai 39 persoas detidas, dúas delas en Galicia, e os axentes comisaron cen quilos de cocaína.

A banda estaba dirixida desde Madrid por unha muller colombiana, con antecedentes por narcotráfico.
Dos 39 detidos nesta redada, 31 son colombianos, e o resto españois, venezolanos e un brasileiro.
Para evitar ser detectados, os membros da banda pechaban os seus tratos en salas de urxencias de hospitais.

Nos 18 rexistros efectuados en Madrid, Pontevedra, e outras catro provincias, os axentes comisaron 111 quilos de cocaína e 1 de éxtase.

A banda é responsable do envío de grandes cantidades de cocaína ás Canarias a través de paquetes postais. Nun dos últimos, a policía incautouse de 38 quilos de droga agochados no interior dunha neveira. Durante a redada comisaron armas, vehículos e 150.000 euros en efectivo.

Noticias web

23/12/2019