CRTVG

Buscar

Detidas 29 persoas por estafas a través de Internet

Publicado o 28/07/2020 13:29

A Garda Civil detivo vinte e nove persoas que se dedicaban a comprar produtos por Internet a particulares, non pagalos e revendelos.

A denuncia dun veciño de Sada hai ano e medio, a quen lle mercaron un teléfono móbil que nunca cobrou, desencadeou unha operación en dez provincias, entre elas A Coruña.

Os estafadores enviaban xustificantes bancarios de pago falsos e aceptaban os prezos sen relear. A rede contaba con intermediarios en Nixeria, que facían as primeiras xestións de compra a través de Internet.

Noticias web

28/07/2020