CRTVG

Buscar

Detida unha condutora na Merca que circulaba a 216 km/h pola autovía

Publicado o 28/05/2020 10:29

A Garda Civil detectou unha condutora que circulaba a 216 quilómetros por hora na AG-31, unha autovía limitada a 120 km/h, á altura da localidade da Manchica, en Ourense.

Segundo informou o instituto armado, na tarde do pasado martes axentes do Subsector de Tráfico de Ourense rexistraron no seu cinemómetro unha velocidade de 216 km/ h no momento en que un vehículo Mercedes C-220 pasaba por un punto de control de radar establecido no quilómetro 3.100 da AG-31 en sentido Portugal.

O vehículo tomou unha saída da autovía anterior ao punto de control, así que a través da matrícula do vehículo localizaron por vía telefónica a súa propietaria, unha muller de 32 anos veciña de Reboredo, que recoñeceu os feitos.

O Código penal recolle penas de ata seis meses de privación de liberdade para este delito e retirada do carné de entre un e catro anos.