CRTVG

Buscar

Detida unha banda especializada en roubos en farmacias e que actuaba en Madrid e Toledo

Publicado o 05/05/2020 14:26

E non deixan de sorprendernos actuacións en pleno estado de alarma como a de hoxe. A Garda civil detivo aos tres integrantes dunha banda especializada en roubos en farmacias.

A banda actuaba principalmente nas localidade de Toledo e Madrid e cometía os roubos durante a noite. Accedía ao interior forzando os peches dos establecementos e rompendo portas e fiestras.

Nos rexistros, levados a cabo no barrio de San Blas, interviñeron amais material utilizado nos roubos e droga.

Noticias web

05/05/2020