CRTVG

Buscar

Detida unha amiga da vítima da violación de Palma por coaccionala para que tivera sexo en grupo

Publicado o 10/01/2020 18:56
Detida unha amiga da vítima da violación de Palma por coaccionala para que tivera sexo en grupo

Continúa aberta a investigación da violación grupal a unha menor en Palma. Ao longo da semana a policía foi arrestando os sospeitosos, ata oito. A última foi a amiga da vítima, a quen os axentes consideran que puido actuar como enlace entre ela e os presuntos autores da agresión. Cren que a convenceu para ir á festa de Noiteboa e unha vez no piso coaccionouna para que tivera sexo con, polo menos, sete adolescentes. De momento, non está acusada. A policía espera coñecer máis detalles nos interrogatorios aos detidos.

Noticias web

10/01/2020