CRTVG

Buscar

Detida por acoitelar un veciño en Monte Alto porque lle molestaba o ruído que facía

Publicado o 24/04/2019 16:41

Moléstaballe o ruído que facían ao falar no portal, así que subiu á casa, baixou cun coitelo e atacou. A agresión aconteceu nesta rúa do barrio coruñés de Monte Alto e a plena luz do día. Segundo nos contaron os veciños, que non quixeron falar diante da cámara, viron, aquí mesmo, unha moza que discutía acaloradamente cun rapaz que estaba coa súa noiva.

Todo comezou cando a muller, de 23 anos, se achegou á parella para recriminarlle o ruído que estaban facendo ao falar no portal do seu edificio. Tras a discusión, ela subiu á súa casa e volveu baixar provista dun coitelo co que lle asestou ao mozo, tamén de 23 anos, dúas coiteladas, unha no abdome e outra no brazo esquerdo.

Tras os feitos, achegáronse ao lugar axentes da Policía Local e Nacional. Prendérona e trasladárona a dependencias policiais, onde foi denunciada por un delito de lesións.

Noticias web

24/04/2019