CRTVG

Buscar

Detida en Lugo acusada de ser a muller de palla dunha banda que estafaba no alugueiro de pisos a estudantes estranxeiros

Publicado o 21/04/2020 19:55

Suplantaban a identidade de propietarios de pisos para alugárllelos a estudantes estranxeiros do programa Erasmus. Cobrábanlles un adianto e despois enviaban os cartos a unha conta bancaria de Nixeria. Así actuaba a banda que presuntamente estafou 23.000 euros por toda España. A Policía Nacional de Lugo detivo unha muller de 64 anos que supostamente actuaba como muller de palla da banda e que se encargaba de branquear os cartos movéndoos dunhas contas a outras.

"Recibía os cartos que ingresaban os estudantes de Erasmus e derivábaos a un país estranxeiro. Agora hai que esclarecer o sucedido e recuperar o diñeiro."

A banda aproveitaba que os estudantes non ían chegar a España ata outubro deste ano para non levantar sospeitas.

Noticias web

21/04/2020