CRTVG

Buscar

Detéñeno por conducir bébedo e a gran velocidade en Vigo

Publicado o 07/04/2020 14:34

E mentres transportistas ou taxistas seguen ao volante por necesidade, e asumindo o risco de se contaxiar, outros collen o coche para incumprir o confinamento e cometer temeridades.

Como o condutor deste vehículo que aproveitou as rúas baleiras en Vigo para circular a gran velocidade ata que derrapou no pavimento mollado. O home, que ía drogado, entrou na praza de América en dirección á Gran Vía e estrelouse contra o xardín central. Finalmente, foi detido pola Policía Local por incumprir o confinamento e por circular baixo os efectos de tres tipos de estupefacientes: anfetaminas, cocaína e opiáceos.

Noticias web

07/04/2020